Varias parroquias de Friol e Castro de Rei celebran a fin de semana as patronais
As localidades de Narla, Anafreita e Vilalvite, en Friol, aproveita a xornada para celebrar as súas festas patornais na honra de San Pedro.
Vilalbite abrirá as celebracións este venres 30 cunah churrascada popular a partir das 21.45 horas que estará amenizada polo grupo Fénix, que se encargará da verbena.
O sábado continuarán as celebracións coa actuación do grupo Superstar en sesión vermú e verbena. Ademais, haberá misa ás 13.30 horas seguida de procesión.
En Anafreita as celebración comezarán o sábado 1 de xullo con misa solemne ás 13.30 horas e sesión vermú a cargo do grupo Punto Clave, que tamén actuará de noite xunto ao dúo Meritxel.
O domingo repetirán ofricio relixioso e o mesmo dúo será o encargado de pechar as festas cunha actuación en sesión vermú.
Tamén Narla estará de festa. A sesión musical estará a cargo da orquestra Compostela e o grupo Los Coleguitas, que farán no primeiro caso dobre sesión. O domingo tamén haberá dobre sesión musical, a cargo da orquestra Fénix. A sesión vermú será trala misa e non haberá verbena pero si sesión de tarde, de 19.00 a 21.30 horas. Tamén haberá colchonetas para os nenos durante a tarde. Os dous días haberá oficio relixioso ás 13.3o con procesión.
CASTRO DE REI
En Castro de Rei tamén estará de festas a parroquia de Triabá tamén na honra de San Pedro. O sábado 1 de xullo abrirá os actos a misa solemne ás 13.30 horas, á que seguirá a sesión vermú coa orquestra Trébol. Na verbena repetirá esta xunto a Los Satélites.
O domingo tamén haberá misa á mesma hora e a orquestra Compostela fará tamén dobre sesión.
Ademais, o día 15 de xullo os veciños están convocados á comida veciñal anual, que contará coa animación de José Cornide.