Varias persoas illadas por un caso de coronavirus en Castro Ribeiras de Lea
O Sergas está a realizar PCR a todos os traballadores dun dos invernadoiros de Arneiro, no Concello de Cospeito, no que se atopou a un positivo por coronavirus.
De momento, hai 50 persoas illadas as cales estiveron en contacto co caso positivo e que residen na mesma pensión de Castro Ribeiras de Lea, e os servizos sanitarios seguen a facer os PCR as persoas residentes no edificio.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 670 dos que 75 están na área sanitaria de Lugo, e que este rebrote é un caso caso illado.
A empresa, Surexport, propietaria dos invernadoiros, ten unha planta de embalaxe no polígono de Castro e invernadoiros en Arneiro e produción en Pacios, no Concello de Begonte.