Varias vías cortadas en Cospeito e Begonte por mor do temporal

TerraChaXa
31 Xan 2019

O Goberno da Deputación mantén activado o dispositivo invernal para facer fronte ás inclemencias meteorolóxicas nos 67 concellos da provincia. De feito está activada a alerta laranxa nas montañas de Lugo afectadas por un fenómeno meteorolóxico por espesores de neve superiores a 20 centímetros. Recoméndase circular con precaución polas vías destes concellos e reducir ao mínimo os desprazamentos.

Nestes intres está cortadas ao trafico catro estradas da rede viaria provincial de 3 concellos. Son concretamente na Pobra do Brollón a LU-P-4705 polo desbordamento do río Saa, no concello de Cospeito hai dúas vías afectadas, a LU-P-1112 e a LU-P-1701 afectadas polo río Miño, e en Begonte a LU-P-0802 desbordada polo Ladra.

Para facer fronte a estas inclemencias invernais a Deputación ten 64 máquinas e 112 operarios previstos para actuar durante as 24 horas do día en calquera punto da provincia. Ademais, cada empresa adxudicataria que atende a cada zona terá que dispoñer do dobre de medios, por si fóra preciso utilizalos. A maiores aparte desta maquinaria, o dispositivo tamén conta con varias máquinas do parque móbil como palas mixtas ou camións, que se engaden ao protocolo de actuación se é preciso.

0.12384390830994