Veciños da Órrea volverán emitir por radio o 31 de decembro

TerraChaXa
Veciños da Órrea volverán emitir por radio o 31 de decembro. Contará co emisión de mensaxes de voz dos veciños
26 Dec 2020

A Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea, promotor da primeira emisión de radio da parroquia volverá  emitir este día 31 de decembro, festa da Santa Comba. Con esta actividade preténdese conectar as persoas que viven na parroquia todo o ano coas que tiveron que emigrar polo mundo.

O primeiro programa, que pode escoitarse neste enlace, chegou a ter uns 700 oíntes.

O programa que se está a preparar terá entrevistas e actualidade sobre Santa Comba da Órrea, pero terá tamén unha segunda parte que consistirá na emisión de mensaxes de voz de todas aquelas persoas que queiran participar.

As mensaxes poden ser sobre calquera asunto relacionado coa parroquia: saúdos á familia e aos amigos/as, recordos doutras épocas, a Santa Comba do futuro, aquela obra ou mellora que aínda está pendente… calquera cousa.

Os interesados en participar poden enviar unha mensaxe de voz de Whastapp a calquera destes teléfonos (677 218 699, 636 721 008 ou 618 480 957) para que sexa emitida no programa do día 31 de decembro. Haberá que indicar nome e ter unha duración "razoable". O día 27 de decembro á noite pecharase a participación.

0.15961194038391