Veciños da Reigosa celebran unha foliada para conmemorar o segundo aniversario da Feira
A Asociacion de Veciños da parroquia da Reigosa celebrará o sábado 27 o segundo aniversario da recuperación da súa tradicional feira e farano cunha gran foliada.
Os actos comezarán ás 11.00 horas coa apertura oficial, que se celebra o último sábado de cada mes. Sobre as 13.00 horas haberá un pasarrúas seguido dunha sesión vermú a cargo do grupo de gaitas asturiano Brisas del Eo.
Pola tarde haberá un obradoiro de baile tradicional con Iago Domínguez a partir das 18.00 horas. O prazo forte da xornada será a foliada, que dará comezo ás 20.30 horas e na que participarán os grupos Son de Lugh, Os amigos do Caldeiro, Cantareiras AC Trailará de Meira, o grupo de música e baile tradicional da Pastroiza e Pelepau.
Ademais, haberá un sorteo de regalos cos propietarios das rifas que se están a vender estes días.