Veciños da Rigueira celebran este domingo unha comida veciñal

TerraChaXa
A Asociación Monte Comunal A Mudia en colaboración coa Asociación de Veciños da Rigueira celebra este domingo unha comida de fraternidade.
comida vecinal rigueira pastoriza portada
3 sep 2022

A Asociación Monte Comunal A Mudia en colaboración coa Asociación de Veciños da Rigueira celebra este domingo unha comida de fraternidade á que están invitados todos os veciños.

Esta terá lugar a partir das 14.00 horas no campo da festa local.

Previamente celebrarase a asemblea da asociación do monte comunal, con inicio ás 13.00 horas, para tratar sobre a elección da directiva. A esta reunión prégase asistencia.

comida vecinal rigueira pastoriza
0.12965703010559