Veciños da Xunqueira, en Viveiro, manifestaranse pola limpeza do ría e a riada do ano pasado
Por Viveiro reuniuse coa Asociación de Veciños de Xunqueira, e mostroulles o apoio do partido independente á manifestación convocada polo colectivo para o vindeiro 7 de decembro ás 12 da mañá.
"Chega outro inverno, ademais con choivas abundantes, é resulta normal a preocupación das veciñas e veciños de Xunqueira pola súa seguridade" dixo.
Os independentes, mostraron o seu apoio á manifestación do vindeiro 7 de decembro e animan ás veciñas e veciños de Viveiro a secundar a marcha que reivindica unha solución inmediata para o barrio de Xunqueira.