Veciños das Pontes poñen en marcha un programa para facer compost na casa

TerraChaXa
O pasado mes de setembro, o Concello das Pontes, en colaboración con Sogama, puxo en marcha o programa de educación medioambiental, Compost da Casa, co obxectivo de promover a reciclaxe de materia orgánica e impulsar o seu aproveitamento como abono para xardíns, hortas e terras de cultivo.
Compos_Da_Casa
5 Jun 2018

O pasado mes de setembro, o Concello das Pontes, en colaboración con Sogama, puxo en marcha o programa de educación medioambiental, Compost da Casa, co obxectivo de promover a reciclaxe de materia orgánica e impulsar o seu aproveitamento como abono para xardíns, hortas e terras de cultivo.

Trátase, en palabras de Montserrat García, tenente de alcalde, “dunha iniciativa con importantes beneficios para o noso pobo que permite non só concienciar ós veciños sobre a importancia do coidado do medio ambiente senón tamén sobre a necesidade de reducir refugallos, transformalos en recursos, promovendo un concello máis sostible”.

Este programa piloto, que conta coa participación de cincuenta fogares ponteses, localizados no centro urbano e nas parroquias de Bermui, Goente, Espiñaredo, o Freixo e Aparral e no que tamén están implicadas a Escola Infantil A Barosa e o Centro de Educación Especial ASPANAES, baséase na combinación da compostaxe doméstica tradicional con vermicompostaxe, un proceso de descomposición de residuos orgánicos, a través de miñocas que permite obter materia fertilizante de maior rendemento.

Para levar a cabo este proxecto, un equipo de técnicos especialistas, aprendéronlles ás familias participantes a técnica da compostaxe explicándolles todos os detalles do proceso, desde a colocación das composteiras, os refugallos que deben ser depositados, os parámetros de control tales como a temperatura ou a humidade, ou a xestión das lombrigas no caso do vermicompostaxe.

Co obxectivo de reforzar os coñecementos adquiridos e ofrecer un apoio persoalizado ás familias, na evolución das composteiras e corrixir posibles erros, os técnicos do programa visitaron ós participantes nas súas propias vivendas para obter datos de interese sobre a localización das composteiras, a frecuencia coa que se aporta materia orgánica ou os problemas xurdidos durante o procesos de compostaxe para lograr o correcto aproveitamento do abono obtido.

Estes encontros tamén permitiron coñecer o nivel de implicación dos participantes de cara a promover a continuidade deste proxecto de educación ambiental e facer partícipes a máis ponteses nunha iniciativa que, en palabras de Monsterrat García “contribúe a reducir os residuos, a súa recollida e o seu transporte, minorando as emisións de CO2, mellorando a calidade de vida dos ponteses o tempo que recuperamos a práctica tradicional da separación dos refugallos orgánicos, dándolles novos usos que promoven o coidado do noso entorno natural”.

 

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16995286941528