Veciños de Abadín continuarán coa recollida de firmas en prol da residencia de maiores
TerraChaXa
O grupo veciñal de Abadín, formado a finais de xuño, vén de facer unha recollida de firmas para promover a residencia de maiores en Abadín.
19 Xul 2021
O grupo veciñal de Abadín, formado a finais de xuño, continuará coa recollida de firmas para promover a residencia de maiores en Abadín.
"A Alcaldía anunciou que se ía proceder á construción desa residencia. Alegrounos a noticia e sorprendeunos, porque a en anteriores ocasións sempre se opuxera a esa obra, sobre todo polo moito gasto que supoñería manter ese servizo. Así o dicía abertamente", din dende o grupo veciñal.
"Nos manteremos a recollida de firmas", aseguran, "porque é unha obra complexa na que poden aparecer atrancos e pódense perder os ánimos. Cos nosos centos de firmas apoiaremos a Alcaldía para que tire para adiante".
"Coas nosas firmas axudamos a que as cousas poidan chegar ao seu fin", rematan dicindo desde o grupo veciñal.