Veciños de Abadín viaxarán gratis a Santiago para ver unha obra de teatro

TerraChaXa
Cada persoa participante deberá aboar a entrada ao teatro, que terá un custo de 5 euros
a-burra-a-mesa-e-o-pau-teatro
5 Mar 2025

Co gallo dos seus 40 anos, o Centro Dramático Galego continúa co seu programa de facilitar un autobús gratuíto en varios concellos para acudir o xoves 13 de marzo ao teatro en Santiago de Compostela, a ver a representación de A burra, a mesa e o pau.

Cada persoa participante deberá aboar a entrada ó teatro, que terá un custo de 5 euros. Previamente ó teatro, haberá algo de tempo libre para gozar de Compostela.

O autobús sairá de Abadín ás 14.30 horas diante do Concello e a función é ás 18.00 no Salón Teatro. Regresarase ás 20:00 horas.

As inscricións, que poden facerse ata o 12 de marzo, son no teléfono 982 508 021 ou presencialmente no Concello.

⚙ Configurar cookies
0.25141906738281