Veciños de As Pontes viaxarán gratis a Santiago para ver unha obra de teatro

TerraChaXa
Cada persoa participante deberá aboar a entrada ao teatro, que terá un custo de 5 euros
hamlet-teatro
8 Mar 2026

O Centro Dramático Galego continúa co seu programa de facilitar un autobús gratuíto en varios concellos para acudir o sábado 26 de marzo ao teatro en Santiago de Compostela, a ver a representación de Hamlet, unha proposta da obra de William Shakespeare.

Cada persoa participante deberá aboar a entrada ó teatro, que terá un custo de 5 euros. Previamente ó teatro, haberá algo de tempo libre para gozar de Compostela.

O autobús sairá das Pontes desde a estación ás 15.15 horas e a función é ás 18.00 no Salón Teatro. Regresarase unha vez finalizada.

As inscricións, que poden facerse ata o 20 de marzo, serán na Casa Dopeso, no teléfono 981 440 344 ou no correo cultura@aspontes.org.

0.12323880195618