Veciños de Cabreiros organizan a súa tradicional festa de Entroido

TerraChaXa
A asociación de veciños de Cabreiros organiza para este sábado 15 de febreiro a súa tradicional festa de Entroido.
14 Feb 2020

A asociación de veciños de Cabreiros organiza para este sábado 15 de febreiro a súa tradicional festa de Entroido.

Haberá un xantar na Casa Escola de Cabreiros ás 14.30 horas cun menú composto de sopa de cocido, lacón, cacheira, botelo, chourizos, grelos, garavanzos, cachelos, sobremesas de orellas e rosquillas e café.

Este xantar ten un prezo de 15 euros para os socios e 20 para os que non o sexan.

Para amenizar a xornada, José Anido terá unha gran actuación e ademais contarán con tres grandes sorteos de produtos típicos do Entroido.

0.18912601470947