Veciños de Cospeito farán a ruta da Praia das Catedrais a Ribadeo o 14 de setembro

TerraChaXa
A organización lembra que é necesario inscribirse antes do 29 de agosto
ruta-catedrais-pino
25 Aug 2025

A Asociación Veciñal Cultural de San Martiño de Pino, en colaboración coas asociacións veciñais O Cruceiro de San Pedro de Seixas e Vilapene, organiza para o vindeiro domingo 14 de setembro unha ruta a pé baixo o título Da Praia das Catedrais a Ribadeo.

A actividade inclúe autobús e xantar e ten un prezo de 38 euros para socios e 48 euros para non socios. A saída está programada para as 8:30 horas dende os puntos habituais.

A organización lembra que é necesario inscribirse antes do 29 de agosto, establecéndose un mínimo de 17 participantes para poder levar a cabo a excursión.

Esta iniciativa pretende combinar deporte, natureza e convivencia veciñal, nun percorrido que permitirá gozar da beleza da costa lucense, cun dos enclaves máis coñecidos de Galicia como é a Praia das Catedrais, ata chegar á vila de Ribadeo.

⚙ Configurar cookies
0.16564512252808