Veciños de Friol viaxarán gratis a Santiago para ver unha obra de teatro

O Centro Dramático Galego continúa co seu programa de facilitar un autobús gratuíto en varios concellos para acudir o domingo 11 de xaneiro ao teatro en Santiago de Compostela, a ver a representación de Memorias dun neno labrego, unha proposta do libro de Xosé Neira Vilas.
Cada persoa participante deberá aboar a entrada ó teatro, que terá un custo de 5 euros. Previamente ó teatro, haberá algo de tempo libre para gozar de Compostela.
O autobús sairá de Friol ás 15.30 horas diante do Concello e a función é ás 18.00 no Salón Teatro. Regresarase ás 20:15 horas.
As inscricións, que poden facerse, ata o 7 de xaneiro, nos teléfonos 982 375 001 e 637 064 024, así como no correo cultura@concellodefriol.es. As prazas son limitadas.