Veciños de Friol viaxarán gratis a Santiago para ver unha obra de teatro
TerraChaXa
Verán a representación de Terceiro Acto o sábado 12
5 Out 2024
Co gallo dos seus 40 anos, o Centro Dramático Galego facilita un autobús gratuíto en varios concellos para acudir o sábado 12 de outubro ao teatro en Santiago de Compostela, a ver a representación de Terceiro Acto.
Cada persoa participante deberá aboar a entrada ó teatro, que terá un custo de 5 euros.
Previamente ó teatro, haberá algo de tempo libre para gozar de Compostela.
O autobús sairá de Friol ás 15.50 horas da praza de España e a función é ás 18.00. Regresarase ás 20:30 horas.
As inscricións son no Concello de Friol, no 982 375 001 e en cultura@concellodefriol.es.