Veciños de Friol volverán viaxar gratis a Santiago para ver unha obra de teatro
LugoXa | TerraChaXa
Verán a representación de 'Nada se sabe' o sábado 18 de xaneiro
7 Jan 2025
Co gallo dos seus 40 anos, o Centro Dramático Galego facilita de novo un autobús gratuíto en varios concellos para acudir o sábado 18 de xaneiro ao teatro en Santiago de Compostela, a ver a representación de Nada se sabe.
Cada persoa participante deberá aboar a entrada ó teatro, que terá un custo de 5 euros.
Previamente ó teatro, haberá algo de tempo libre para gozar de Compostela.
O autobús sairá de Friol ás 15.15 horas da praza de España e a función é ás 18.00. Regresarase ás 20:00 horas.
As inscricións son no Concello de Friol, no 637 064 024 e en cultura@concellodefriol.es.