Veciños de Goiriz contarán cun curso de cestaría tradicional desde o día 24

TerraChaXa
A actividade será de balde para as persoas socias da Asociación Veciñal de Goiriz, mentres que aquelas que non formen parte da entidade deberán aboar unha cota simbólica de 10 euros
cestaria-recurso
13 Oct 2025

A Asociación Veciñal de Goiriz, en colaboración coa Deputación de Lugo, organiza un novo curso de cestería tradicional que será impartido pola artesá María Folgueira na Escola de Goiriz. A iniciativa, que busca recuperar e poñer en valor as técnicas tradicionais desta arte, terá unha duración total de 20 horas, repartidas en cinco sesións que se celebrarán os venres en horario de 16:30 a 20:30 horas.

O curso, que comezara o 24 de outubro, está dirixido a todas as persoas interesadas en aprender a elaborar cestos e outras pezas artesanais, nun ambiente agradable e participativo. Desde a asociación animan á veciñanza a sumarse a esta proposta, que combina aprendizaxe, tradición e convivencia.

A actividade será de balde para as persoas socias da Asociación Veciñal de Goiriz, mentres que aquelas que non formen parte da entidade deberán aboar unha cota simbólica de 10 euros.

As inscricións poden facerse nos teléfonos 645 952 873 e 694 480 525.

⚙ Configurar cookies
0.070848941802979