Veciños de Guitiriz viaxarán gratis a Santiago para ver unha obra de teatro

O Centro Dramático Galego continúa co seu programa de facilitar un autobús gratuíto en varios concellos para acudir o xoves 9 de abril ao teatro en Santiago de Compostela, a ver a representación de Hamlet, de William Shakespeare,
Cada persoa participante deberá aboar a entrada ó teatro, que terá un custo de 5 euros. Previamente ó teatro, haberá algo de tempo libre para gozar de Compostela.
O autobús sairá de Guitiriz ás 15.45 horas, da praza do Campo da Feira e a función é ás 18.00 no Salón Teatro. Regresarase unha vez finalizada.
As inscricións, que poden facerse de xeito presencial na Casa do Concello ata o 1 de abril.