Veciños de Guitiriz viaxarán gratis a Santiago para ver unha obra de teatro

Co gallo dos seus 40 anos, o Centro Dramático Galego continúa co seu programa de facilitar un autobús gratuíto en varios concellos para acudir o xoves 13 de marzo ao teatro en Santiago de Compostela, a ver a representación de A burra, a mesa e o pau.
Cada persoa participante deberá aboar a entrada ó teatro, que terá un custo de 5 euros. Previamente ó teatro, haberá algo de tempo libre para gozar de Compostela.
O autobús sairá de Guitiriz ás 15.30 horas da praza do Campo da Feira e a función é ás 18.00 no Salón Teatro. Regresarase ás 20:00 horas.
As inscricións, que poden facerse ata o 12 de marzo, son presencialmente no Concello.