Veciños de Muras manifestáronse polo peche da oficina de Abanca
Os veciños de Muras manifestáronse hoxe polo inminente peche da única oficina de Abanca en todo o Concello. O peche desta oficina é un máis dos moitos que están a realizar por toda a provincia lucense e que están a xerar numerosas protestas por parte da veciñanza, xa que estas medidas son consideradas como un perxuízo á contorna rural.
O goberno local propuxo este acto reivindicativo ao que se uniu toda a vila para amosar a súa desconformidade coa previsión do peche da entidade bancaria e pedir que se siga mantendo en funcionamento, xa que é a única sucursal bancaria que ten este Concello.
Así, baixo o lema Non ao peche! e Non á desaparición do rural!, colocaron pancartas e leron un manifesto ao que se sumou toda a poboación para pedir que non se pechen esas dependencias e continúe, en consecuencia, prestando o servizo como viña facendo ata o de agora.
Por outra banda, a voceira do Partido Popular de Muras, Eugenia Requeijo, vén de solicitar un pleno extraordinario para que este municipio non quede sen oficina bancaria.