Veciños de Órrea reclaman á Valedora que interceda nos regulamentos da corta de madeira

TerraChaXa | AMariñaXa
Veciños de Santa Comba da Órrea, en Riotorto, reclaman á Valedora que interceda nos regulamentos da corta de madeira
santa comba de orrea riotorto
3 Maio 2021

A asociación de veciños de Santa Comba da Órrea, en Riotorto, vén de comunicar que presentaron catro queixas diante da oficina da Valedora do Pobo, cada unha delas dirixida respectivamente aos concellos de Riotorto, Meira, A Pontenova e A Pastoriza.

Nestas queixas solicítalle a Valedora que medie ante os concellos para que contesten ás alegacións presentadas pola asociación e "non se limiten a dicir se a taxa é legal ou non", din dende a asociación. Lémbrase que a asociación está convencida de que as persoas pequenas propietarias van acabar pagando 300 euros por hectárea cortada.

Ademais, pídenlle que interceda para que a taxa sexa retirada, tal e como esta asociación solicitou reiteradamente, xa que "só vai significar un imposto novo encuberto e vai contribuír ao abandono progresivo do monte coas repercusión económicas e ambientais que iso traería consigo", engaden.

0.099915981292725