Veciños de Órrea reúnense para falar das obras da igrexa

TerraChaXa
Veciños de Santa Comba da Órrea están convocados este sábado 27 de xuño a unha nova reunión a partir das 17.
104998943_1099503940444449_7814803855838221294_n
26 Xuño 2020

Veciños de Santa Comba da Órrea están convocados este sábado 27 de xuño a unha nova reunión a partir das 17.00 horas.

Nesta ocasións, a asociación veciñal dará conta do estado no que se atopan as obras da igrexa parroquial, xa que remataron as que están ao cargo do Bispado.

Segundo indican queda por facer a instalación eléctrico, o lousado do cabildo, a pintura, os canalóns, as escaleiras do campanario e restauración dunha das campás.

Outro dos temas a tratar será a figura medieval que apareceu durante as obras e volverán a falar do mantemento do cemiterio.

0.18135595321655