Veciños de Rábade quéixanse do estado de Camiño José Pardo
TerraChaXa | LugoXa
Varios veciños do Camiño José Pardo manifestaron o seu malestar polo estado no que se atopa a vía, que forma parte do entramado urbano.
29 Nov 2022
Varios veciños do Camiño José Pardo manifestaron o seu malestar polo estado no que se atopa a vía, que forma parte do entramado urbano desta localidade.
Son varias as casas unifamiliares desta zona que teñen como único acceso e que se atopan chegas de fochancas que se enchen de auga nos día de choiva.
Os veciños reclaman que se repare esta zona, como se fai no resto de vías.
A rúa está composta dunha zona pavimentada máis recentemente e doutra que non ten saída, que está en moi mal estado.
A esta rúa accédense dende a rúa José Pardo, unha das máis emblemáticas da localidade chairega.