Veciños de Rábade viaxarán gratis a Santiago para ver unha obra de teatro

LugoXa | TerraChaXa
Cada persoa participante deberá aboar a entrada ao teatro, que terá un custo de 5 euros
teatro-friol-memorias-dun-neno-labrego
10 Jan 2026

O Centro Dramático Galego continúa co seu programa de facilitar un autobús gratuíto en varios concellos para acudir o sábado 14 de febreiro ao teatro en Santiago de Compostela, a ver a representación de Memorias dun neno labrego, unha proposta do libro de Xosé Neira Vilas.

Cada persoa participante deberá aboar a entrada ó teatro, que terá un custo de 5 euros. Previamente ó teatro, haberá algo de tempo libre para gozar de Compostela.

O autobús sairá de Rábade diante do Concello e a función é ás 18.00 no Salón Teatro. Regresarase unha vez finalizada.

As inscricións, que poden facerse na Área de Cultura e Deporte do Concello. As prazas son limitadas.

⚙ Configurar cookies
0.078320980072021