Veciños de Rábade volverán viaxar gratis a Santiago para ver unha obra de teatro

LugoXa | TerraChaXa
Cada persoa participante deberá aboar a entrada ó teatro, que terá un custo de 5 euros
a-serie-clopen
12 Oct 2025

O Centro Dramático Galego continúa co seu programa de facilitar un autobús gratuíto en varios concellos para acudir o domingo 19 de outubro ao teatro en Santiago de Compostela, a ver a representación de A Serie Clopen.

Cada persoa participante deberá aboar a entrada ó teatro, que terá un custo de 5 euros. Previamente ó teatro, haberá algo de tempo libre para gozar de Compostela.

O autobús sairá de Rábade ás 14.50 horas diante do Concello e a función é ás 18.00 no Salón Teatro. Regresarase ás 20:15 horas.

As inscricións poden facerse presencialmente no departamento de Cultura do Concello ata o 16 de outubro.

⚙ Configurar cookies
0.069829940795898