Veciños de Roupar celebran o día 1 de marzo unha cena baile de Entroido

TerraChaXa
Haberá cocido completo e concurso de disfraces para adultos
entroido-roupar
13 Feb 2025

A Asociación de Veciños de Roupar organiza unha gran cea-baile de Entroido o sábado 1 de marzo, a partir das 21:00 horas, na escola Habanera. O evento contará cun menú tradicional composto por cocido completo, freixós e orellas, ademais dun ambiente festivo cheo de cor e diversión.

O prezo da cea será de 22 euros para socios e 30 euros para non socios, mentres que os nenos ata os 12 anos poderán asistir de balde. Como incentivo para manter viva a tradición, haberá sorpresas para todos os nenos que acudan disfrazados, e os tres mellores disfraces de adulto recibirán un agasallo especial.

As persoas interesadas en participar deberán anotarse antes do 25 de febreiro nos bares de Roupar ou na farmacia. Tamén poden facelo chamando aos teléfonos 660 22 82 52 ou 678 06 31 11.

0.16671109199524