Veciños de Roupar celebran o día 14 de febreiro unha cena baile de Entroido

A Asociación de Veciños de Roupar organiza unha gran cea-baile de Entroido o sábado 14 de febreiro, a partir das 21:00 horas, na escola Habanera. O evento contará cun menú tradicional composto por cocido completo, freixós e orellas, ademais dun ambiente festivo cheo de cor e diversión.
O prezo da cea será de 22 euros para socios e 30 euros para non socios, mentres que os nenos ata os 12 anos poderán asistir de balde. Como incentivo para manter viva a tradición, haberá sorpresas para todos os nenos que acudan disfrazados, e os tres mellores disfraces de adulto recibirán un agasallo especial.
As persoas interesadas en participar deberán anotarse antes do 9 de febreiro no bar Petróleo ou na farmacia de Roupar. Tamén poden facelo chamando aos teléfonos 660 22 82 52 ou 678 06 31 11.