Veciños de Sancovade organizan unha viaxe á Feira do Marisco do Grove

TerraChaXa
As previsións son que a viaxe saia ás 8.00 horas da Capela de Guadalupe e volva ás 22.00 ao mesmo lugar
Imaxe de O Grove
17 sep 2024

A Asociación de Veciños Santiago de Sancovade organiza unha excursión á Feira do Marisco do Grove, que terá lugar o 5 de outubro.

As previsións son que a viaxe saia ás 8.00 horas da Capela de Guadalupe e volva ás 22.00 ao mesmo lugar con parada para almorzo e xantar ás 15 horas en Cambados.

O prezo da excursión será de 60 euros para socios e dez euros máis para o resto.

Os interesados en participar poden confirmar asistencia antes do 2o de setembro nos teléfonos 698 185 859 e 651 478 916 ou a través das redes sociais. Necesítase un mínimo de 35 persoas para a excursión.

excursion-o-grove-sancovade
0.13719201087952