Veciños de Santa Leocadia celebran a segunda Festa Popular do Cocido
TerraChaXa | LugoXa
Os veciños de Santa Leocadia celebran o sábado a súa II Festa Popular do Cocido, que terá lugar a partir das 13.00 horas no adrio da igrexa.
7 Mar 2023
Tralo éxito da primeira edición, o ano pasado, a asociación de veciños de Santa Leocadia, na parroquia de Castro de Rei, celebra este sábado, 11 de marzo, a II Festa Popular do Cocido, que terá lugar a partir das 13.00 horas no adrio da igrexa do mesmo nome.
Haberá degustación deste produto típico destas datas baixo unha carpa climatizada para protexerse das inclemencias do tempo. Á celebración só se accede con entrada, que se pode adquirir na gasolinera Campo da Cruz ou nos teléfonos 621 339 467, 674 193 253 ou no 619 766 438 antes do día 7.
A sesión estará amenizada pola orquestra Stereo e Eventec, que serán responsables tanto da sesión vermú como da verbena.