Veciños de Trastomil organizan unha ruta ao muíño Caxigueiro

TerraChaXa
Estará unha historiadora e membros da asociación para acompañar á comitiva e farase unha cata de pans do país
cartel-visita-guiada-caxigueiro
Cartel
22 Xul 2024

A Asociación de Veciños de Trastomil, xunto con Seitura organiza para o vindeiro 27 de xullo en Bordelle unha ruta guiada ao muíño Caxigueiro, un lugar que estiveron limpando na Asociación durante os últimos meses para poder desfrutar dun elemento tan importante.

Estará unha historiadora e membros da asociación para acompañar á comitiva e farase unha cata de pans do país, sen esquecer algo de música. Sairán da Escola de Bordelle ás 11.00 horas e o fin da festa está previsto para as 18.00 horas.

Trátase dunha actividade de balde para a que se pode facer reserva nas redes de Seitura ou no número 672 801 379.

0.092797994613647