Veciños de Xermade volverán viaxar gratis a Santiago para ver unha obra de teatro

O Centro Dramático Galego continúa co seu programa de facilitar un autobús gratuíto en varios concellos para acudir o domingo 28 de setembro ao teatro en Santiago de Compostela, a ver a representación de A Serie Clopen.
Cada persoa participante deberá aboar a entrada ó teatro, que terá un custo de 5 euros. Previamente ó teatro, haberá algo de tempo libre para gozar de Compostela.
O autobús sairá de Xermade ás 15.05 horas diante do Concello e a función é ás 18.00 no Salón Teatro. Regresarase ás 20:15 horas.
As inscricións poden facerse no teléfono 678 744 178 antes do xoves.