Veciños de Xermade volverán viaxar gratis a Santiago para ver unha obra de teatro

TerraChaXa
Verán a representación de 'Nada se sabe' o venres 17 de xaneiro
teatro-nada-se-sabe
9 Jan 2025

Co gallo dos seus 40 anos, o Centro Dramático Galego facilita de novo un autobús gratuíto en varios concellos para acudir o venres 17 de xaneiro ao teatro en Santiago de Compostela, a ver a representación de Nada se sabe.

Cada persoa participante deberá aboar a entrada ó teatro, que terá un custo de 5 euros.

Previamente ó teatro, haberá algo de tempo libre para gozar de Compostela.

O autobús sairá de Xermade ás 14.45 horas da praza do Concello e a función é ás 18.00. Regresarase ás 20:00 horas.

As inscricións son no 678 744 178.

0.15971493721008