Veciños denuncian o mal estado dunha estrada en Begonte

Os veciños do barrio de Caraxeita, en Felmil, no concello de Begonte, alertan sobre o "lamentable estado" no que se atopa a estrada que conecta esta zona co cruce da vía que une Rábade e Cospeito. Segundo denuncian, a deterioración da calzada supón un risco tanto para os vehículos que circulan por ela como para os peóns, que sofren as consecuencias das numerosas fochancas e das acumulacións de auga cando chove.
A situación foi comunicada ao Concello en varias ocasións, solicitando unha revisión urxente da vía e a súa inmediata reparación. Os afectados insisten en que é fundamental garantir o bo estado das estradas que cruzan o municipio, "pola seguridade dos que as usamos".
Explica unha veciña afecta que esa vía foi reparada nos tramos nos que hai vivendas pero deixaron sen arranxar un tramo duns dos quilómetros, "polos que a xente circula continuamente, pero que non ten casas, e iso non ten sentido".
Reclaman ao alcalde de Begonte que acudise a manifestarse contra o estado dunha vía en Friol "e non atenda nin solucione as vías que ten no seu propio municipio".
