Veciños do Empalme de Cabreiros acuden á Valedora do Pobo polo saneamento

TerraChaXa
Veciños do barrio do Empalme na parroquia de Cabreiros continúa coa súa reclamación sobre o estado do saneamento do barrrio e veñen de elevar a súa queixa á Valedora do Pobo.
empalme
24 Ago 2020

Veciños do barrio do Empalme na parroquia de Cabreiros continúa coa súa reclamación sobre o estado do saneamento do barrrio e veñen de elevar a súa queixa á Valedora do Pobo. Nela acusan de novo aos goberno local e provincial de “deixadez” no referente ao sistema de saneamento do barrio.

Este barrio, no que hai unha ducia de casas habitadas, carece de saneamento e as vivendas desaugan directamente a unha tubaxe que verte a un regato dos arredores das casas o que provoca malos cheiros, ratas e mosquitos ás portas das vivendas, especialmente nos meses de verán.

Segundo aseguran os veciños levan máis de dous anos reclamando ao Concello a través de escritos, correos electrónicos oficiais e whatsapps directamente cos rexidores a execución da construcción dunha depuradora, unha obra comprometida pola Deputación Provincial e xa adxudicada pero que leva dous anos sen comezar a executarse.

Segundo indican, xa viñeron en dúas ocasións (“coincidindo coas eleccións”, puntualizan) a realizar medicións, pero non teñen coñecemento do inicio das obras. Na Deputación lles aseguran que “faltan flecos” e eles demanan máis celeridade nesta obra xa que coa volta das altas temperaturas “a cuestión sanitaria é máis grave”.

De feito, neste lugar hai un obrador de transformación de alimentos “que podería verse perxudicado”, aseguran. “Sería unha mágoa ver como por falta, unha vez máis, de servizos básicos no rural se provoca a destrución de emprego e desprazamento de negocios a outras zonas con servizos básicos que ademáis, neste caso, xa están orzamentados, proxectados e con orde de execución”, denuncian.

0.10413503646851