Veciños e dirixentes reivindicaron o Camiño do Nordés

TerraChaXa
Un grupo de veciños participaron este sábado no roteiro realizado co obxectivo de impulsar a revitalización do Camiño do Nordés.
roteiro camino do nordes 1
5 Dec 2021

Un grupo de veciños participaron este sábado no roteiro realizado co obxectivo de impulsar a revitalización do Camiño do Nordés, unha ruta de peregrinaxe a Compostela entre Viveiro e Vilalba na que traballan a Asociación Camiño Real e a de Roteiros da Carba.

A ruta tivo lugar entre Xestosa, en Muras, e Abelleira, en Xermade. Trátase dun percorrido de 12 quilómetros que percorre dende a Gañidoira, a calzada da Veiga Grande, Cruz de Pena de Mulleres, Calzada da Fonte da Galiña, Cruz do Outeiro Grande, Cruz de Bestemud, Cruz das Cuiñas, Muras, O Burgo, Casanova, Reboiras, Armada, A Pía, Visura e Pousada de Pepa a Loba Abelleira. A ruta rematou cun xantar no Petróleo de Roupar.

Moita choiva acompañou aos participantes neste roteiro, entre os que se atopan os alcaldes dos respectivos muncipios, así como representantes de colectivos da zona impulsores deste roteiro que queren que se recoñeza de forma oficial como un dos Camiños da Ruta Xacobea.

roteiro camino do nordes 2
0.15193700790405