Veciños plantan árbores no medio dunha estrada en Cospeito reclamando o seu amaño
Veciños da parroquia de Samartiño de Corbelle (concello da Pastoriza) e de Muimenta (Cospeito), xuntáronse para plantar árbores na estrada que une estas dúas parroquias. Esta acción foi realizada en protesta polo "lamentable estado" no que se atopa un tramo duns 700 metros desta vía que levan pedindo que se arranxe, "sen resultado".
Os veciños de ambas as dúas localidades quixeron mostrar a situación con este acto reivindicativo xa que as grandes fochacan existentes permiten esta acción.
Hai cerca de dez anos o Concello da Pastoriza arranxou a súa parte, pero o de Cospeito fixo o seu en dúas fases deixando este tramo dunhos 700 metros, que é o que solicitan se arranxe. Por iso lle solicitan ao goberno municipal local o acondicionamento deste tramo xa que é case imposible a comunicación.
Tanto a Asociación de veciños de Corbelle coma as distintas asiciacións de Muimenta estaban presentes neste acto. Ambos os dous alegan a importancia que ten esta vía polo seu uso, xa que unhos veciños e outros teñen fincas a ambos lados. Para o comercio e negocios de Muimenta é moi importante xa que os veciños de Corbelle e outras parroquias acuden aos negocios de Muimenta frecuentemente, pero debido ao mal estado desta vía, están deixando de facelo.