Vega destaca a importancia de apoiar aos negocios locais

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, destaca a importancia de apoiar ao tecido económico do municipio e explica que “a Xunta de Galicia financiou integramente o novo vídeo promocional de Acisa no que se pon de manifesto que todos os negocios ribadenses cumpren estritamente coas medidas de prevención fronte á covid-19”.
26 Ago 2020

O popular sinala que “o vídeo Ribadeo Seguro pretende trasladar unha mensaxe de tranquilidade tanto aos veciños e veciñas coma aos clientes e visitantes” e, polo tanto, “chamar a todas aquelas persoas que queiran achegarse a Ribadeo a que o sigan facendo”. Neste sentido, esta iniciativa ten como obxectivo apoiar tamén á desestacionalización do turismo.

Daniel Vega recorda que “dende o Grupo Municipal Popular de Ribadeo apoiamos dende o primeiro momento ao sector comercial e hostaleiro local a través de distintas peticións ante o goberno local para a eliminación de taxas e impostos; ademais de apoiar activamente as distintas accións de Acisa”. O sector recibiu tamén dende o primeiro momento material de protección fronte ao coronavirus doado pola Xunta de Galicia que tamén ten dotado de material informativo tanto para os propios establecementos como para os veciños e turistas.

Por outra parte, o popular bota en falta “a implicación doutras administracións” para a reactivación económica de Ribadeo nestes momentos de dificultades.

Apoio responsable

Daniel Vega convida aos veciños e veciñas a apoiar aos negocios locais achegándose de forma responsable, é dicir, cumprindo as normas vixentes. O voceiro dos populares recorda a importancia de “gardar a distancia de seguridade, usar mascarilla e manter as mans limpas hixienizadas”.

0.15730404853821