Veiga do Pumar está de festas esta fin de semana
TerraChaXa
Veiga do Pumar, na parroquia de Momán, celebra os días 5, 6 e 7 de maio as súas festas na honra a San Xosé de Ombreiro e San Pedro
9 May 2024
Veiga do Pumar, na parroquia de Momán, celebra os días 10, 11 e 12 de maio as súas festas na honra a San Xosé de Ombreiro e San Pedro.
As celebracións darán comezo o venres 10 cunha churrascada popular.
O sábado ás 13.30 celebrarase a misa con procesión para continuar cunha sesión vermú amenizada pola orquestra Escaparate.
A verbena da noite contará tamén coa actuación da orquestra Escaparate que estará acompañada do DJ Alejandro Martínez e a presentación de Jnight DJ.
Para rematar, o domingo, ás 13.30 terá lugar a misa con procesión e o trío Merengue será o encargado de por a música na sesión vermú.
Haberá colchonetas gratis para os nenos e o campo estará cuberto con carpa.