Vero Rilo leva a Roupar o seu espectáculo 'Lavandeiras'

TerraChaXa
O espectáculo reconstrúe unha escena repetida ao longo dos séculos: mulleres traballando á beira da auga
lavandeiras-xermade
28 Nov 2025

A Escola Habaneira de Roupar, en Xermade, acollerá o 29 de novembro ás 19.00 horas a actuación de Vero Rilo, quen presentará Lavandeiras, unha proposta que afonda na memoria colectiva arredor das lavandeiras e do seu papel na historia e na cultura popular galega. O espectáculo reconstrúe unha escena repetida ao longo dos séculos: mulleres traballando á beira da auga, tecendo comunidade nun contexto que lles pedía silencio, mais no que elas xeraron relatos, lendas e saberes que forman parte da identidade do país.

A peza percorre mitos e historias que van desde as lavandeiras nocturnas dos contos tradicionais, envoltas en sangue e misterio, ata o labor solidario das lavandeiras de Redondela na Illa de San Simón durante a guerra. Tamén recupera figuras como Manuela Lores e os cantos que acompañaban fontes e ríos, configurando unha narración que reivindica a resistencia, a sororidade e a transmisión da memoria feminina.

A actividade enmárcase no programa Dinamiz-ARTj, promovido polo Instituto para a Transición Xusta (ITJ) e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN).

⚙ Configurar cookies
0.07056188583374