Vero Rinlo actúa este venres en Muras co programa DinamizARTj

TerraChaXa
Levará ao público ás beiras dos ríos e fontes, onde tradicionalmente as mulleres fregaban roupa e sabas
vero-rilo-muras
2 Oct 2025

Este venres 3 de outubro, o concello de Muras acollerá unha nova cita co programa Dinamiz-ARTj, da man de Culturactiva. A narradora oral Vero Rilo será a protagonista da xornada cun espectáculo que comezará ás 18:00 horas na Casa do Médico.

Rilo levará ao público ás beiras dos ríos e fontes, onde tradicionalmente as mulleres fregaban roupa e sabas, construíndo unha estampa que se repite na memoria colectiva e que deu pé a lendas e contos transmitidos de xeración en xeración. Parte dese patrimonio oral é o que a artista recolle e comparte nas súas funcións.

Antiga educadora infantil, Vero Rilo decidiu en 2013 dedicarse por completo á narración oral. Dende entón percorre escenarios de todo tipo contando contos, historias de vida e pequenas lerias para públicos diversos. A música é tamén unha presenza constante no seu traballo a dúo, aínda que, como ela mesma confesa, nunca logrou aprender a cantar nin a tocar a pandeireta.

⚙ Configurar cookies
0.10082697868347