VI Edición do CantamosCHA xa está en marcha

TerraChaXa
A VI Edición do CantamosCHA, que terá lugar o 15 de agosto, será a quedada de músicos profesionais ou aficionados á música tradicional galega, que se xuntan para cantarlle e tocarlle catro pezas básicas ó Rei da Chaira: O Caneco, Quen teña viño, Muiñeira de Lugo e a Muiñeira de Santo Amaro.
36949229_2033669643517065_3158067075969187840_o
14 Jul 2018

A VI Edición do CantamosCHA, que terá lugar o 15 de agosto, será a quedada de músicos profesionais ou aficionados á música tradicional galega, que se xuntan para cantarlle e tocarlle catro pezas básicas ó Rei da Chaira: O Caneco, Quen teña viño, Muiñeira de Lugo e a Muiñeira de Santo Amaro.

Para todos os participantes haberá un agasallo que consiste nunha camiseta conmemorativa do evento. Ademais, farase a Descarga da Peña O Foguete, dende o Concello ata Cantalarrana, ás 18 horas.

Será imprescindible que todos os participantes se anoten e poñan a sua talla, que envíen un mail a rabade1925@gmail.com, a inscripción debe levar nome, apelidos, lugar de procedencia, instrumento -vale calquera aparello que soe, xa atoparemo-lo tono- e talla de camiseta.

No evento colaboran o Concello de Rábade, Estoupacaldeiros Rábade e a Asociación Músico Crisanto.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17661881446838