Via Alfoz solicita a celebración de plenos telemáticos

TerraChaXa | AMariñaXa
Via Alfoz instou ao alcalde de Alfoz, Jorge Val, como responsable da convocatoria das sesións, a que, durante a vixencia do actual estado de alarma, se proceda á celebración telemática de sesións plenarias e de outros órganos colexiados do Concello de Alfoz, permitindo garantir a transparencia, a información e o funcionamento democrático do concello, sen poñer en risco aos membros do pleno nin aos asistentes que, por outra banda, terían limitado o acceso no caso das sesións plenarias presenciais por cuestións de aforo.
24 Xan 2021

Segundo indica a Dirección Executiva de Via Alfoz, "As restricións sanitarias marcadas polas diferentes administracións deberían terse en conta nestes momentos, pero parece que o goberno municipal non ten moi claro que nos enfrontamos a una pandemia e que temos que tomar medidas para combatela e non asumir riscos innecesarios”.

Xabier Pardiñas, voceiro do Grupo Municipal de Via Alfoz, trasladou esta petición mediante unha moción, que non puido nin sequera ser debatida no Pleno ao non considerala como asunto de urxencia, o que amosa de novo a intransixencia do actual alcalde, “indicando que el é o responsable de convocar os plenos e polo tanto se celebrará como el queira, e recordándonos de novo que teñen a maioría e non teñen porqué contar coas nosas propostas”.

Aínda que desde a alcaldía indicaron o Servizo de Audiovisuais da Deputación Provincial de Lugo non pode actualmente dar servizo para celebración de sesións de forma telemática, desde a Dirección Executiva de Via Alfoz consideran que é simplemente “unha desculpa mais e unha falta de vontade absoluta por parte do alcalde, que roza a irresponsabilidade ante a actual situación sanitaria”, engadindo que, “o señor alcalde non pode pensar que está na súa casa, esta é a casa de todos e non pode facer o que queira. Non ten sentido que non nos poidamos reunir mais de catro persoas nunha casa ou nun local de hostalaría e se abra a casa do concello para celebrar Plenos, habendo outras alternativas. Fainos elixir entre a nosa saúde a as nosas obrigas como concelleiros”.

Precisamente, respecto aos locais de hostalaría, Via Alfoz preguntou no Pleno se o goberno municipal tiña pensado axudas ante a actual situación de restricións de apertura. A resposta da alcaldía sorprendeu de novo aos independentes pois “espetounos que o concello non ten competencias para dar axudas aos nosos empresarios. Nós simplemente lle pedimos que mire ao seu redor para ver o que fan outros concellos”.

0.049100875854492