Vián celebra a festa na honra á Virxe da O este sábado
Este sábado Vián celebrará a tradicional festa na honra á Virxe da O, un evento que mestura devoción, música e boa comida para goce de toda a comunidade. A xornada comezará ás 13:30 horas cunha misa solemne en honra á Virxe, un acto relixioso que congregará a veciños e visitantes na igrexa local.
A continuación, ás 14:00 horas, haberá unha animada sesión vermú a cargo de Belinda, que se encargará de poñer o ambiente festivo tras a cerimonia. Ás 15:30 horas, comezará o xantar, organizado polo restaurante Rochela, que ofrecerá un suculento menú composto de xamón cocido, polbo, carne asada, sobremesa, café e licores, cun prezo de 33 euros por persoa.
Para pechar a xornada, DJ The Sound Project amenizará a sesión de tarde-noite, asegurando horas de música e baile para todos os asistentes.