Vián celebra a fin de semana festa e unha cea veciñal

TerraChaXa
A localidade de Vián, na Pastoriza, celebra esta fin de semana as festas na honra á Virxe da O, que arrancarán o sábado cunha cea veciñal a partir da 22.
festas patronais
16 Nov 2023

A localidade de Vián, na Pastoriza, celebra esta fin de semana as festas na honra á Virxe da O, que arrancarán o sábado cunha cea veciñal a partir da 22.00 horas.

Esta consistirá en empanada, paella, churrasco, sobremesa, café e chupito. Ten un prezo de 30 euros, a metade para nenos de 5 a 19 anos e gratuíta para os menores de 5.

Despois da cea haberá verbena co dúo Eclipse con sorteo de agasallos.

Ao día seguinte está prevista a misa ás 14.00 horas, con procesión e unha sesión vermú co mesmo dúo, coa que se dará por terminada a celebración.

O campo da festa estará cuberto con carpa.

0.15206980705261