Vián celebra as festas patronais a fin de semana

TerraChaXa
A verbena da noite contará con Fania Blanco Show e París de Noia
cartel-festas-vian-pastoriza
Cartel das festas
22 Maio 2024

A parroquia de Vián, na Pastoriza celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra da Santísima Trinidade.

A celebración dará comezo o sábado día 25 de maio cunha misa solemne, ás 13.00 horas, seguida de procesión, que estará acompañada da Escola de Música e Baile da Pastoriza. A sesión vermú estará a cargo do grupo Fénix. A verbena da noite contará con Fania Blanco Show e París de Noia.

O domingo continuará a celebración de novo cunha misa, nesta ocasión ás 14.00 horas, e de novo a orquestra Dilema porá o punto e final á celebración ao mediodía. Tamén actuará. ás 13.00 horas o grupo A Volta do Agro.

0.18343114852905