Vián celebra esta fin de semana as festas patronais
TerraChaXa
A parroquia de Vián, na Pastoriza celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra da Santísima Trinidade.
3 Xuño 2022
A parroquia de Vián, na Pastoriza celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra da Santísima Trinidade.
A celebración dará comezo o sábado día 4 cunha misa solemne, ás 13.30 horas, seguida de procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Venecia, que tamén tocará na verbena xunto a Capitol.
O día 5 continuará a celebración de novo cunha misa, nesta ocasión ás 14.00 horas, e de novo a orquestra Venecia porá o punto e final á celebración ao mediodía.