Viaxe a Fátima organizada pola Asociación Mulleres Rurais de Begonte

A Asociación Mulleres Rurais de Begonte, en colaboración co Concello de Begonte, organiza unha viaxe a Fátima (Portugal) os días 17, 18 e 19 de marzo de 2025. A excursión inclúe visitas a diversos puntos de interese, como o Santuario de Fátima, as Salinas do Río Maior, Óbidos, a Feira de Valença do Minho e a Fortaleza.
O prezo da viaxe é de 250 euros por persoa en habitación dobre, cun suplemento de 60 euros para quen prefira unha habitación individual. O prezo inclúe a viaxe en autobús de ida e volta, aloxamento no hotel Avenida de Fátima en réxime de pensión completa, almorzo na viaxe de ida, comida na viaxe de regreso, guía acompañante durante as excursións locais, seguro e comida en ruta o día 18.
A saída está programada para o 17 de marzo ás 07:00 horas desde Begonte, e o regreso será o día 19 a partir das 22:00 horas. Para reservar praza, cómpre contactar con Dina no número 636 983 786.