Viladonga celebra as festas na honra á Virxe do Rosario

LugoXa | TerraChaXa
As festas contarán cun campo cuberto con carpa para garantir o desenvolvemento das actividades
festas-viladonga
26 Sep 2025

A parroquia de Viladonga, en Castro de Rei, prepárase para celebrar as súas tradicionais festas na honra á Virxe do Rosario os días 27 e 28 de setembro. Durante a fin de semana, veciños e visitantes poderán gozar dun amplo programa relixioso e musical pensado para todas as idades.

O sábado 27 a xornada comezará ás 13:30 horas cunha misa solemne e a sesión vermú amenizada pola orquestra Alianza. Xa pola noite, a festa continuará cunha gran verbena a cargo das orquestras Alianza e Capitol, que garantirán a música e o bo ambiente ata altas horas.

O domingo 28 será a quenda da misa solemne ás 14:00 horas, seguida da sesión vermú coa música do grupo Los Adrianos, que tamén porán o broche final ás celebracións cunha animada verbena.

As festas contarán cun campo cuberto con carpa para garantir o desenvolvemento das actividades, independentemente das condicións meteorolóxicas.

⚙ Configurar cookies
0.088642120361328