Vilalba Aberta afirma que as obras na Pravia dificultan o paso de cadeiras de rodas

TerraChaXa
Modesto Renda contrasta as dificultades que teñen as cadeiradas de rodas dende que a empresa instalrou as pasarelas na rúa da Pravia
obras rua da pravia cadeiras de rodas
14 Nov 2022

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta vén de rexistrar unha nova solicitude de cara ao Pleno Ordinario de novembro co obxectivo de "garantir a correcta mobilidade dos veciños/as dependentes e/ou con mobilidade reducida durante o tempo que duren as obras na rúa da Pravia".

Así o confirmou o voceiro municipal da formación, Modesto Renda, logo de contrastar as dificultades que estas persoas teñen no seu día a día dende que a empresa adxudicataria instalara as pasarelas provisionais que conectan as beirarúas.

"Dende VA entendemos que toda obra supón molestias; pero a mobilidade dos veciños/as que utilizan cadeira de rodas debe garantirse durante todo o tempo que duren os traballos", explicou.

Renda, que puxo en valor a predisposición e iniciativa dos veciños afectados que os contactaron, volveu incidir no imprescindible de facer política “escoitando á xente” e explicou que co citado escrito (que se tramitará no Pleno como rogo á Alcaldía) a Vilalba Aberta agarda que o Concello inste á empresa a substituír os actuais pasos provisorios por outros máis anchos e adaptados baixo criterios de accesibilidade.

0.10681700706482