Vilalba Aberta chama aos xubilados a unha reunión informativa

TerraChaXa
Vilalba Aberta vén de anunciar a vindeira celebración dunha asemblea aberta informativa coma resposta, din, ás “políticas do saqueo encamiñadas á desaparición do Sistema Público de Pensións”.
15 Mar 2018

Vilalba Aberta vén de anunciar a vindeira celebración dunha asemblea aberta informativa coma resposta, din, ás “políticas do saqueo encamiñadas á desaparición do Sistema Público de Pensións”. A convocatoria, fixada para as 12:00 h do sábado 24 de marzo no Hostal - Restaurante Terra Chá, pretende en palabras do seu voceiro, o edil Modesto Renda, “confluír cos xubilados de hoxe e mañá, co fin de organizar xunto á veciñanza a defensa dun dos dereitos históricos máis sensibles e necesarios tanto para traballadores coma para os autónomos”.

L edil chamou á “participación masiva” nunha grande asemblea encamiñada a mobilizar e informar ao colectivo pensionista do concello. Un encontro, que contará coa presenza do economista vilalbés, Manuel Roca Cendán, ademais da do vicevoceiro de En Marea no Parlamento de Galicia, Antón Sánchez.

0.16794204711914